Introdución.-
Compañeiras e compañeiras, o próximo día 27 de marzo celebraranse as eleccións á Xunta de Persoal, por primeira vez na historia da Universidade de Vigo, logo da funcionarización, vótase a un único órgano unitario de representación do noso colectivo e que abrangue os tres campus: Ourense, Pontevedra e Vigo.
Presentamos un programa honesto en canto o que prometemos é realista en canto o que podemos lograr e que beneficia ó maior número de P.T.X.A.S. e non a un grupo concreto. As nosas promesas e propostas están respaldadas polos feitos e estratexias de implementación realistas e avaladas polo noso historial de honestidade e experiencia relevante, así como un historial de cumprimento de promesas na nosa traxectoria de representación do P.T.X.A.S..
Son moitos os temas nos que o traballo e as propostas da CIG P.T.X.A.S. permitiron avanzar e acadar melloras neste anos para o P.T.X.A.S. da Uvigo:
· Acordo de estabilización do persoal contratado laboral e persoal funcionario interino.
· Funcionarización
· Promocións internas, destacar a promoción do 100 % das prazas de subgrupo C2 ó C1.
· Compensación de días por peche no mes de agosto.
· Regulamento de comisións de servicio.
· Recoñecemento de responsabilidade dos grupos III.
· Cumprimento da adicional 9ª do Convenio Colectivo mediante a funcionarización do persoal laboral.
Nestes próximos anos a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos ten que afrontar importantes negociacións que afectan ó futuro de todos nós, por iso, o noso programa céntrase nas seguintes áreas.
1. CARREIRA HORIZONTAL
A Xunta de Galicia comprometeuse a financiala a través do novo Plan de Financiación do Sistema Galego de Universidades que vai ser aprobado no 2026. A CIG presentou o sistema transitorio de recoñecemento da progresión da carreira administrativa para o P.T.X.A.S., que foi aprobado na Comisión Unitaria de Negociación e remitida á Xerencia.
2. CARREIRA VERTICAL
Propoñemos unha negociación entre a Xunta de Persoal e a Xerencia un Plan de Promoción do P.T.X.A.S. para o período que abarca dende o 2026 ó 2031.
Neste apartado, carreira vertical mediante promoción interna, atopámonos coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, logo do recurso presentado por compañeiros e compañeiras que accederon ó subgrupo A2, que anula os sistemas de promoción interna que viña convocando a Universidade de Vigo dende fai 25 anos.
3. OFERTA DE EMPREGO: ESTABILIZACIÓN E CONCURSO DE MÉRITOS
Convocatoria de concurso de méritos do persoal funcionario de carreira cada 2 anos, aprobación anual de todas as prazas que permita a taxa de reposición da Lei de orzamentos e acumulación de todas as prazas nunha única convocatoria nalgunhas subescalas.
4. CONCILIACIÓN FAMILIAR
· FLEXIBILIDADE HORARIA DO P.T.X.A.S. DA UNIVERSIDADE DE VIGO
· TELETRABALLO
· TRABALLO NOUTRO CAMPUS POR CONCILIACIÓN
5. RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
Realizar promesas electorais sobre a RPT é unha intención que choca coa realidade. Co obxecto de impulsar definitivamente a negociación dunha reestruturación global da RPT tense que realizar previamente unha memoria donde se recolla os procesos, funcións e responsabilidades que asume o persoal de cada área adaptada ós cambios que se prevén nos próximos anos na provisión de servizos do P.T.X.A.S. e ten que ser elaborada polo equipo xerencial (Xerencia, Xefes/as de Servizo, Administradores, Coordinadores, Direccións e Direccións Técnicas) motivando a reforma que no documento se presente, a continuación, a súa formalización en función das unidades organizativas, categorías e postos da RPT e por último, xa que ten que pasar o control económico da Xunta de Galicia, ten que vir acompañada dun novo informe que recolla a cuantificación económica da proposta, e forma de financiación, no caso de que supoña custe.
Para negociar e aprobar unha nova RPT global é necesario realizar ese traballo previo, así como saber a masa salarial da que dispoñemos para realizar unha proposta, sen eses datos é imposible negociar unha RPT eficaz, eficiente e equilibrada no servizo que presta o P.T.X.A.S..
6. XUBILACIÓN ANTICIPADA
Negociación da xubilación anticipada o que permite ós funcionarios reducir a súa xornada laboral e percibir unha parte proporcional da súa pensión, mentres continúan traballando a tempo parcial
7. Sistema de Recoñecemento á Excelencia na xestión do P.T.X.A.S. da Universidade de Vigo
Pretende ser un incentivo que axude a potenciar a participación do P.T.X.A.S. na xeración de ideas dentro dos seus ámbitos de actuación, premiando aquelas propostas que impliquen innovación e mellora na organización, a súa estrutura, nos procesos, na incorporación de medios tecnolóxicos, a simplicidade de trámites, etc.
SENTIDIÑO
A lista da CIG renovase con novos compañeiros e compañeiras que retoman con ganas e forzas renovadas esta nova etapa, mestura persoal con moita experiencia sindical e persoas sen experiencia sindical, persoas de todos os ámbitos e todos os campus. Chegado a este punto, non podemos obviar que nestas eleccións presentase por primeira vez na universidade e no noso colectivo, un sindicato que ten realizado actos contra partidos de esquerda, desfiles paramilitares e ter un programa onde inclúen iniciativas xenófobas, populistas patrióticas, antifeministas e contra os colectivos LGTBI, propostas e iniciativas que van contra os valores dunha universidade pública como é a Universidade de Vigo, o respeto pola diversidade en todas as súas manifestacións compatibles coa dignidade humana e os dereitos humanos universais, concretándose fundamentalmente no compromiso e o respeto na aplicación de políticas de xénero, de promoción e de aceptación da pluralidade cultural dende o compromiso primordial coa sociedade e a cultura galega.